“O que nos atopemos tan a gusto en plena natureza provén de que esta non ten opinión sobre nos”
Friedrich Niestzsche
Queremos contribuír, a que non se produzan máis materiais de construción nin máis residuos, senón a que se utilicen os que xa existen para reducilos e mellorar así a vida do planeta e os seus habitantes.
A nosa empresa usa eses materias, que de outra forma serían acumulados en forma de desfeitos, para construír casas nas árbores.
O valor principal das nosas vivendas é que están construídas nas árbores pero, porqué é isto unha vantaxe respecto a outros modelos construtivos? Desta forma o contacto coa natureza é máis directo, e cremos que non hai mellor forma de conseguilo que unha vivenda en simbiose ca árbore. Esa sensación de vitalidade e benestar é necesaria para a vida de todos os seres humanos, así como para nosa saúde, como indican diversos estudos científicos.
Deste xeito xorde a idea de ARBOLAR, un proxecto innovador e respectuoso có medio ambiente de construción nas árbores con materiais reutilizados, reciclados e upclycled.